Esta semana toma posesión o primeiro goberno independentista da historia de Catalunya. Non só independentista de ideoloxía ou de proxecto político, senón cun mandato democrático explícito para comezar a construír a República catalá. Este feito é posible do único xeito que podía selo: con xenerosidade e mediante un pacto entre todas as forzas políticas independentistas. […]
Etiqueta: CUP

A República de Catalunya: unha verdade incómoda
A República independente de Catalunya da que falou Margallo no seu debate con Oriol Junqueras non será posible sen un acordo entre CDC, ERC a CUP e as entidades soberanistas. Semella unha obviedade, mais non o é. O certo é que o escenario político-electoral consecuencia das históricas eleccións do 27 de Setembro é complexo, e […]